9ª XORNADA (13/2 Y 18/2)
REP. FONTAO – GESTORÍA SUÁREZ (1-7)
O troco na portería de Fontao (non xogou Iván Valdés) pareceu surtir efecto nos primeiros minutos, no que a pelota non quería entrar na porta, numerosas ocasión erradas para Seguros Suárez acompañadas tamén de varios balóns ó pao, foi no minuto 17 no que se rompeu o marcador, o autor do gol foi Dimas Suárez, a partir de ahí todo foi máis fácil para o equipo da gestoría, destacou no partido Carlos Rodríguez con 5 goles, afianzándose así na táboa de goleadores.
CHBB 7MS11 – GALLAECIA (3-2)
Partido de constantes alternativas no que se adiantou CHBB ó filo do descanso por mediación de Jesús Guerra, Gallaecia con dous goles (no minuto 26 e 28) dáballe a volta ó marcador. No minuto 34 Esteban Germán Ruiz poñía o empate no marcador cun bonito taconazo, o partido ía decidirse nos minutos finais, Alberto Casas tivo unha gran ocasión cun balón ó pao, sin embargo foi CHBB quen se levou a victoria cun tanto no minuto 37.
PEÑA BARCELONISTA – MESÓN MARTIÑO (1-1)
Empate a 0 trala primeira parte malia as numerosas ocasións que tivo o Mesón Martiño na primeira parte, sin embargo foi Daniel Rey quen no minuto 28 desfacía o empate a favor da Peña, o Mesón seguíu atacando e acadou o empate no minuto 36 por mediación de Diego Carbajales, ó final empate e bo partido en defensa de ambos equipos.
ULLA SPORT – SANTELES (2-8)
Adiantouse no marcador o Ulla Sport, que de novo comenzaba un partido gañando, non obstante Santeles deulle a volta o marcador e rematou acadando unha goleada, 2-8 para o equipo que vestiu de branco por un día.
BAR O PATIO - DESCANSA
No hay comentarios:
Publicar un comentario