martes, 26 de febrero de 2008

11ª XORNADA

11ª XORNADA (27/2 Y 3/3)

SANTELES – PEÑA BARCELONISTA (1-6)

MESÓN MARTIÑO – CHBB 7MS11 (4-2)

ULLA SPORT – REP. FONTAO (5-8)

SEGUROS SUÁREZ – BAR O PATIO (6-3)

GALLAECIA - DESCANSA

10ª XORNADA

10ª XORNADA (20/2 Y 25/2)

PEÑA BARCELONISTA – ULLA SPORT (14-0)


Partido cómodo para a peña no que Martín Ares conseguiu manter a súa porta a cero.

CHBB 7MS11 – GESTORÍA SUÁREZ (1-8)

0-2 ó descanos e sentencia por mediación de Francisco Fernández no minuto 36, no que Seguros Suárez acadaba o 1-5 no marcador

REP. FONTAO – MESÓN MARTIÑO (1-11)

Cómodo partido para o Mesón que sentenciaba no minuto 36 ó marcar o 5-1

BAR O PATIO – GALLAECIA (3-0)

Non se presentou ó partido (previo aviso) o equipo de Gallaecia, polo tanto victoria para o Patio por 3-0.

SANTELES - DESCANSA

martes, 19 de febrero de 2008

Tenis de mesa


Liga Tenis de Mesa Ano/2008


Comezo: luns 3 de marzo

Inscrición: ata o 25 de febreiro no Pavillón de deportes ou chamando 981.502.290 de 17 a 24 hs. Reunión xoves 28 ás 22:00 hs.

A inscrición é gratuita e os partidos serán arbitrados polo propios xogadores.

As bases, retiránse no pavillón.

Trofeos para os 3 primeiros clasificados.

Aplazamientos

OS PARTIDOS ENCADRADOS NA XORNADA 14

QUE ESTABAN PREVISTOS PARA O DÍA 19 DE MARZO:

SEGUROS SUÁREZ – SANTELES

CHBB 7MS11 – REP. FONTAO

QUEDAN APLAZADOS DEBIDO A QUE O DÍA 19 É FESTIVO.

A ORGANIZACIÓN DA LIGA PORASE EN CONTACTO COS EQUIPOS AFECTADOS PARA TRATAR DE BUSCAR UNHA SOLUCIÓN QUE SATISFAGA A TÓDALAS PARTES.

DISCULPEN AS MOLESTIAS

DEPARTAMENTO DE DEPORTES

viernes, 15 de febrero de 2008

9ª XORNADA

9ª XORNADA (13/2 Y 18/2)

REP. FONTAO – GESTORÍA SUÁREZ (1-7)

O troco na portería de Fontao (non xogou Iván Valdés) pareceu surtir efecto nos primeiros minutos, no que a pelota non quería entrar na porta, numerosas ocasión erradas para Seguros Suárez acompañadas tamén de varios balóns ó pao, foi no minuto 17 no que se rompeu o marcador, o autor do gol foi Dimas Suárez, a partir de ahí todo foi máis fácil para o equipo da gestoría, destacou no partido Carlos Rodríguez con 5 goles, afianzándose así na táboa de goleadores.

CHBB 7MS11 – GALLAECIA (3-2)

Partido de constantes alternativas no que se adiantou CHBB ó filo do descanso por mediación de Jesús Guerra, Gallaecia con dous goles (no minuto 26 e 28) dáballe a volta ó marcador. No minuto 34 Esteban Germán Ruiz poñía o empate no marcador cun bonito taconazo, o partido ía decidirse nos minutos finais, Alberto Casas tivo unha gran ocasión cun balón ó pao, sin embargo foi CHBB quen se levou a victoria cun tanto no minuto 37.

PEÑA BARCELONISTA – MESÓN MARTIÑO (1-1)

Empate a 0 trala primeira parte malia as numerosas ocasións que tivo o Mesón Martiño na primeira parte, sin embargo foi Daniel Rey quen no minuto 28 desfacía o empate a favor da Peña, o Mesón seguíu atacando e acadou o empate no minuto 36 por mediación de Diego Carbajales, ó final empate e bo partido en defensa de ambos equipos.

ULLA SPORT – SANTELES (2-8)

Adiantouse no marcador o Ulla Sport, que de novo comenzaba un partido gañando, non obstante Santeles deulle a volta o marcador e rematou acadando unha goleada, 2-8 para o equipo que vestiu de branco por un día.

BAR O PATIO - DESCANSA

jueves, 7 de febrero de 2008

8ª XORNADA

8ª XORNADA (6/2 Y 11/2)

SEGUROS SUÁREZ – PEÑA BARCELONISTA (5-1)

Enfrontábanse dous equipos aspirantes ó título nun partido no que Seguros Suárez adiantábase 2-0 no marcador, Adrián Fuentes, cun gol en propia porta achegagaba no marcador á Peña, xa na segunda metade Seguros Suárez ampliou o marcador ata sentenciar no minuto 34 poñéndose cun 5-1 a favor no marcador.

GALLAECIA – REP. FONTAO (9-2)

Comezou forte o encontro Gallaecia, que no minuto 6 xa gañaba por 4-0, a falta de 15 minutos Rep. Fontao coneguiu achegarse no marcador (4-2), pero Gallaecia non quería sorpresar, e conseguiu anotar 5 goles máis nos derradeiros minutos.

MESÓN MARTIÑO – ULLA SPORT (11-3)

Rompeu o empate inicial Víctor López no minuto 5 (que a postre sería o máximo goleador do encontro con 3 tantos), rápidamente o Mesón púxose 2-0 no marcador, non obstante Ulla Sport acadou a remontada (2-3) no minuto 15 do encotro, pouco lle ía durar a alegría porque no minuto 17 o resultado era de 4-3; ó final tódolos xogadores de campo que participaron co Mesón acadaron a lo menos un tanto, ó remate 11-3 para os que actuaban como locais.

SANTELES – BAR O PATIO (2-7)


Adiantouse Patio no marcador (0-1) e con ese resultado chegábase ó descanso, na reanudación Santeles empata o encontro pero no minuto 36 Amosa sentenciaba o partido marcando o 2-5

CHBB 7MS11 - DESCANSO