PARTIDOS DO TORNEO NADAL SENIOR MASCULINO:
PEÑA BARCELONISTA – SANTELES (5-1) (ELIMINATORIA A)
REP. FONTAO – GESTORÍA SUÁREZ (0-11) (ELIMINATORIA B)
BAR O PATIO – CHBB 7MS11 (10-1) (ELIMINATORIA C)
MESÓN MARTIÑO – ULLA SPORT (3-0 SUSPENDIDO POR INCOMPARECENCIA DO ULLA SPORT) (ELIMINATORIA D)
26/12 22:00 PEÑA BARCELONISTA - GESTORÍA SUÁREZ (1-3)
26/12 23:00 BAR O PATIO - MESÓN MARTIÑO (4-4 gañou BAR O PATIO por penaltys)
2/12 22:00 3º Y 4º PUESTO: PEÑA BARCELONISTA - MESÓN MARTIÑO
6 comentarios:
gustariame saber, por ke sistema se decide cal e o porteiro menos goleado do campionate de nadal??
Na entrega de premios do torneo de nadal houbo una reclamación do equipo da Peña Barcelonista Ribeira do Ulla, en relación ó trofeo ó porteiro menos goleado.
Ás razóns para a concesión do premio ó porteiro de Mesón Martiño por parte da organización do torneo no seguiron os criterios que en tódalas competicións se seguen para a concesión de este tipo de premios.
Co desexo de que este tipo de situacións non se repitan no futuro, a continuación reproduzco ás regras que segue o diario Marca para a concesión do trofeo Zamora e que se poden ver no seguinte enlace:
http://marcawas5.recoletos.es/Estadisticas/LigaFutbol/Controlador?opcion=33
NORMAS
El diario MARCA, continuando con su tradición, desde 1959, otorgará anualmente un trofeo denominado 'RICARDO ZAMORA', para galardonar al guardameta que, durante el Campeonato de Liga de fútbol de Primera División, resulte menos goleado, con arreglo a los siguientes requisitos:
- Podrán optar al trofeo los guardametas que disputen veintiocho partidos, o más, durante el Campeonato de Liga. A tal efecto se computarán todos aquellos encuentros en los que el guardameta permanezca en juego durante sesenta minutos, como mínimo.
- Se establecerá una clasificación, para la que se considerarán los goles recibidos por cada guardameta, incluso en los encuentros que hubieran permanecido menos de sesenta minutos en juego.
- El orden de la clasificación lo determinará el cociente obtenido al dividir el total de goles recibidos por cada guardameta, por el número de encuentros que se le computaron. Dicho cociente se obtendrá hasta la fracción decimal, clasificándose en primera posición el poseedor del promedio numéricamente inferior, y sucesivamente, en orden creciente.
En caso de igualdad de promedios, se clasificará primero el guardameta que hubiera disputado mayor cantidad de encuentros. Si se produjera igualdad de promedios y de número de encuentros, se clasificará primero el que hubiera recibido menor cantidad total de goles. En caso de no haber diferencia, los afectados quedarían clasificados a la par.
El trofeo Ricardo Zamora puede ser ganado por más de un aspirante, si quedan varios clasificados a la par en primera posición. En tal caso, cada uno recibirá un trofeo
Ben despois de leer ás regras do Trofeo Zamora, en caso de ter dúbidas volver atrás e leelas de novo antes de continuar, se aplicamos as regras do Trofeo Zamora no Torneo de Nadal do Concello de Vedra teremos o seguinte:
Porteiro Mesón. 4 goles/2 partidos= Promedio 2 goles por partido.
Porteiro Peña. 4 goles/3 partidos= Promedio 1,33 goles por partido
Hai que recordar que o Mesón Martiño non xogou o partido de cuartos de final por incomparecencia de Ulla Sport, e por tanto se xogou só a semifinal a final a min sáeme que só xogou dous partidos.
Recapitulando, por promedio de goles vese claro que o porteiro menos goleado foi o da Peña Barcelonista.
Outro apunte, como no trofeo ó máximo goleador (supostamente houbo empate entre dous xogadores) se entregaron dous premios e se foi tan previsor que había dous trofeos dispoñibles?
Espero recibir tódolos comentarios oportunos por parte dos menbros do comité organizador do torneo de nadal.
Pero volvendo ó trofeo ó porteiro menos goleado, xa que para unhas cousas o partido Mesón Martiño - Ulla Sport conta (Trofeo porteiro menos goleado) e para outras non (Trofeo máximo goleador), e xa que se lle asignou un resultado de 3-0 a favor do Mesón Martiño, dase a circunstancia de que o porteiro (ficticio) do Ulla Sport só recibeu 3 goles, por tanto foi o porteiro menos goleado, e entón é o gañador do trofeo ó porteiro menos goleado, xa que, o que conta (supostamente para a organización) era o número de goles encaixados, en vez do promedio de goles por partido.
En definitiva, dase o caso de que a entrega do trofeo ó porteiro menos goleado non se sabe con que criterio se fixo, e por tanto agradecería que mo explicasen.
Saúdos,
Luis Carbia - Peña Barcelonista Ribeira do Ulla.
Bueno, vexo que o tema trae cola.
Antes de nada dicir que a primeira mensaxe non a contestei antes dos partidos simplemente porque non a vin a tempo, entro na páxina case tódolos días pero onte fíxeno pola mañá.
En canto a 2ª mensaxe vou intentar explicar o tema de novo, sabendo que é imposible contentar a todo o mundo (nunca chove a gusto de todos), de todos modos o que pretendo non é convencer a ninguén, se non aclarar o tema.
Agradezolle a Luis que nos mostre as normas trofeo Zamora, pero estas normas non nos sirven máis que de orientación para crear as nosas propias normas, xa que en calquera torneo o que pon as normas é o que organiza o propio torneo, un exemplo para que quede claro: os que teñades boa memoria recordaredes que cando Luxemburgo foi adestrador do Real Madrid estaba empeñado en que os xogadores levaran "pinganillo", esto está prohibido pola LFP, non obstante cando o Real Madrid xogou o trofeo Santiago Bernabéu o capitán do equipo sí levou "pinganillo", por qué? porque o Real Madrid organizaba o torneo e é o Real Madrid quen pon as normas sobre cómo se pode xogar no seu torneo; polo tanto, repito, as normas do trofeo zamora non nos sirven, porque valen para otorgar un premio na LFP, non no "Torneo de nadal do Concello de Vedra".
Dende a organización do torneo nós fixamos as nosas propias normas, estas eran:
1º Os porteiros que ían a optar ó premio debían ACUDIR a lo menos a tres encontros.
2º O porteiro gañador sería o que menos goles encaixara neses 3 encontros.
3º En caso de empate, teríanse en conta os penaltys detidos nas tandas de penaltys (si existise dita tanda)
4º Se o empate persistise entregaríanse 2 trofeos.
O que queríamos con esto era:
1º Evitar que un porteiro cun só partido recibise o trofeo (o exemplo que pon Luis sobre o porteiro do Ulla Sport).
2º Evitar ter que entregar 2 trofeos, xa que os trofeos, ademáis de costar cartos hai que encargalos cuns 10 días mínimo de antelación.
Aquí hay que facer de novo aclaracións:
O Concello de Vedra organizou neste nadal 7 torneos de nadal en diferentes categorías, 7 torneos que por motivos que non veñen ó caso so saíron adiante 3. Os trofeos encargáronse para os 7 torneos, no torneo de Nadal que nos ocupa (Torneo Nadal Concello de Vedra 2007 Senior Masculino) os premios eran os seguintes:
Premio ó 1º clasificado
Premio ó 2º clasificado
Premio ó 3º clasificado
Premio ó máximo goleador
Premio ó mellor porteiro
Como vedes non existía premio ó 4º clasificado ¿por qué se entregou? porque se colleu un trofeo das categorías que non se levaron a cabo (por iso o trofeo non ten chapa, porque non estaba preparada), así como sobrou un trofeo de 4º posto tamén sobrou algún trofeo de máximo goleador e puidéronse entregar 2 (un deles tamén sen chapa), os máximos goleadores acadaron 8 tantos cada un, tívose en conta polo tanto os penaltys que convertiron para tentar o desempate, non obstante o empate persistiu, de non quedar ningún trofeo libre habería que entregar 1 no momento e encargar outro para entregar a posteriori.
Entón a gran pregunta é... por qué non había outro trofeo ó mellor porteiro? porque a categoría de Senior Masculino era a única categoría na que se ía entregar un trofeo ó mellor porteiro, é dicir, non sobraba ningún trofeo desta clase.
Finalizando xa, quería agrecedervos a todos o interés mostrado polo tema, espero que o asunto quedara máis claro.
Decirvos tamén que o martes sairá (se todo vai ben) unha reportaxe no periódico TIERRAS, un sáudo a todos.
Ben, unha vez lida a contestación creo que cada vez teño máis argumentos para seguir poñendo enriba da mesa o tremendo erro que se fixo coa entrega do trofeo ó porteiro menos goleado. Empezemos:
Primeiro: Por suposto que as normas de calquera torneo póñenas os organizadores, pero gracias á universalidade das normas do futbol, en calquer torneo ou competición, as normas principais pólas que se rixen non varían moitas unhas de outras.
Se como dis tí, as normas do trofeo zamora vos servisen de orientación para crear ás vosas normas nada do que sucedeu onte tería pasado, xa que as vosas normas non coinciden en nada coas normas do trofeo zamora, mires como as mires, e creo que as normas do trofeo zamora son bastante obxectivas e aceptadas por todo o mundo que xoga a este deporte.
Ademáis moitos dos integrantes dous outros equipos (Bar O Patio, Gestoría Súarez, Mesón Martiño), recoñecían ó final do torneo que este premio, porteiro menos goleado, estaba mal entregado.
Pero agora gustaríame analizar coas vosas normas a entrega do trofeo ó porteiro menos goleado.
"1º Os porteiros que ían a optar ó premio debían ACUDIR a lo menos a tres encontros."
Que se quere dicir con "ACUDIR"? Con acudir a velos partidos serviría. Si, dixen velos partidos, porque se con estar presente na grada serviría para computar o número de 3 partidos, haber avisado por exemplo a Ulla Sport.
Ou "ACUDIR" é ir coa intención de xogar un partido. Acudir non é o mesmo que xogar un encontro, e os partidos se gañan, ós goles márcanse, os penaltis pítanse,..., cando se xoga un partido, e o partido Mesón Martiño - Ulla Sport NON SE XOGOU, por tanto esta partido con conta para nada (Bueno para o Mesón si, xa que desta forma estaba na seguinte eliminatoria)
O de ACUDIR que mo expriquen, por favor.
"2º O porteiro gañador sería o que menos goles encaixara neses 3 encontros."
Entón como recibeu o premio un porteiro que só xogou 2 encontros. Repito O PRIMEIRO PARTIDO NON SE XOGOU, por tanto non pode computar para nada. Como ti sabes os partidos para saber o que pasou neles hai que disputalos e a única consecuencia de non xogarse ese partido foi que o Mesón pasou a semifinais.
Ben supoñamos o seguiente caso, que Ulla Sport, decidise antes de celebralo sorteo da competición non xogar o torneo de nadal, e por tanto fosen 7 os equipos inscritos, e entón por soteo se decidise que habería un equipo que directamente pasase a semifinais, e seguindo coas suposicións este equipo fose o Mesón Martiño, e que finalmente ocurrise todo o que agora estamos comentando, e neste caso so terían a posibilidade de xogar dous partidos, ¿tería o seu porteiro dereito a participar no trofeo ó menos goleado?
Respondan, por favor. Porque polas vosas normas eu creo que non.
"3º En caso de empate, teríanse en conta os penaltys detidos nas tandas de penaltys (si existise dita tanda)"
A que tanda de penaltys te refires?. Porque se a referida tanda de penaltys é a que decideu o partido Peña-Mesón, quero recordarche que a Peña errou dous penaltys, un que foi fóra e outro ó pau, e os porteiros de ambos equipos non pararon nigún. Por tanto o empate no trofeo segue, e se segue o empate vamos o punto número 4.
"4º Se o empate persistise entregaríanse 2 trofeos."
Falta o trofeo do porteiro da Peña.
Se é un problema para o Concello de Vedra comprar un Trofeo, non hai problema, solidarizamonos coa caixa do concello e pedimos que non nos entregen dito Trofeo, xa que un trofeo é un pastón e probablemente tivese o Concello que pedir unha subvención para poder compralo. É máis, co noso espíritu de onegé, se fai falla donamos o noso trofeo de cuartos clasificados ó Concello de Vedra, e que así teña un stock de trofeos para posibles eventualidades en futuros torneos. E aínda máis, se o Concello ve que sería necesario que o resto dos equipos donasen tamén os seus trofeos, dende o equipo da Peña Barcelonista Ribeira do Ulla, poñémonos á fronte para conseguir este propósito. Estaríamos encantados de ter noticias do Concello, e gustaríanos que as fixesen persoalmente, o concelleiro de deportes (que non sei quen é) ou calquer outro membro da corporación municipal, e de paso poderían ver como están as goteiras do pavillón, que chove máis dentro que fora, e aquelo esta xenial para comerse unha ostia coma un mundo, pero que sepan, que esta situación tamén a sofren os seus apreciados maiores de 65, e que cando fan as súas actividades no pavillón corren o risco de caer e romper unha cadeira, e non só os maoires, senón ata pode ser que os propios fillos dos concelleiros un día esvaren e rompan a cabeza no Pavillón Polideportivo de Vedra.
Que sepades que este último párrafo non vai dirixido ás dúas persoas que normalmente estades no pavillón, pero podedes trasladar a queixa a quen corresponda.
De todas formas espero as vosas respostas en canto á entrega do trofeo ó poteiro menos goleado.
Saúdos
Luis Carbia - Peña Barcelonista Ribeira do Ulla
Bueno, vou intentar contestar a todo o que comentas, que non vai ser fácil, gustaríame que esto quedara aquí e que si se quere seguir "discutindo" o tema sexa persoalmente porque esto pode ser o conto de nunca acabar ademáis de que este blog fagoo fora de horario de traballo e creo que un ten dereito ó seu tempo de ocio.
1º Dixen que as normas do trofeo Zamora sirven de orientación, é dicir, os organizadores do torneo poden seguilas ou poden crear a súas propias normas, que é o que sucedeu neste caso.
2º Con "acudir" refírome a que un porteiro debe presentarse co seu equipo a tódolos partidos concertados para dito equipo, evidéntemente non sirve ir á grada, cae de caixón.
3º Xa que se fala de suposicións... supón que en caso de que o Ulla Sport se presentase non metera ningún gol, ¿estaría entón ben entregado o trofeo? según as normas sí, non pensas que según esa "suposición" o perxudicado ¿sería o porteiro do Mesón? como xa che dixen onte o que non se pode facer é perxudicar o equipo (neste caso o porteiro) que si ACUDE ó partido. As suposicións poden ser infinitas, así que mellor deixarse de suposicións.
4ª Comentas que "Ademáis moitos dos integrantes dous outros equipos (Bar O Patio, Gestoría Súarez, Mesón Martiño), recoñecían ó final do torneo que este premio, porteiro menos goleado, estaba mal entregado", eu tamén che direi que moitos dos integrantes dos outros equipos SÍ que estaban de acordo sobre cómo se entregou o trofeo.
5ª "En caso de empate, teríanse en conta os penaltys detidos nas tandas de penaltys (si existise dita tanda)"
A que tanda de penaltys te refires?"
Tes razón, expreseime mal, o correcto sería "En caso de empate, teríanse en conta os penaltys non trasformados polos lanzadores nas tandas de penaltys (si existise dita tanda)"
6º O tema das goteiras é preocupante, no mes de Outubro levouse a cabo un tratamento nunha parte da cuberta para ver si co producto utilizado se solucionaba o tema, estívose agardando a que chovese con forza para ver si realmente o tratamento funcionaba, en principio, na parta da cuberta que se aplicou as goteiras desapareceron, así que en principio utilizarase dito tratamento en toda a cuberta, ¿as datas? descoñezoas, isto é todo o que vos podo dicir porque como saberedes isto nos depende dos dous monitores que esta mos no pavillón, de todos modos o Concello está tentando arranxalo.
Creo que contestei a todo ou a lo menos tenteino, son moitas cousas, como xa dixen ó comezo si queredes comentar o tema mellor que o fagamos persoalmente, como é lóxico tedes todo o dereito do mundo a non estar de acordo ca decisión que tomamos dende a organización, e tamén quero que sepades que o último que busco (aquí falo a título persoal porque as queixas foron dirixidas a min) é un enfrontamento persoal con algún de vos, todo o contrario estamos moi contentos con todos vos e coa vosa participación nas actividades que organizamos dende o departamento de deportes, unha aperta, Juan (monitor de deportes do Concello de Vedra)
Querido Juan, esta "anecdota" do torneo de nadal non vai chegar a ningún enfrontamento persoal.
O proximo luns poderomos falar disto se queres.
A verdade é que nos non eramos conscientes de que o devandito trofeo podería ser para o noso porteiro ata que xente dos outros equipos nos avisaron e argumentaron porque debería ser para nos o trofeo minutos antes de comenzar a entrega dos trofeos.
So espero que esta circunstancia nos sirva para aprender tanto a organizadores coma participantes.
Saúdos, Luis Carbia
Publicar un comentario